Páxinas

mércores, 24 de setembro de 2025

Itinerario Lector


Iniciamos hoxe este camiño de lecturas que nos han ir acompañando todo o curso. Para empezar, chamamos con Charlie ás portas da fábrica do señor Wonka.

Subliñado xerárquico


Achegámonos hoxe a esta técnica de subliñado na que cada cor denota un rango de importancia distinto. Ao longo do curso iremos coñecendo distintas técnicas e estratexias de estudo; para que cada quen vaia escollendo as que mellor se adapten ao seu xeito de aprender.

luns, 22 de setembro de 2025

Responsabilidades


Para o bo funcionamento de calquera grupo humano, todas as persoas que fan parte del deben achegar a súa dose de colaboración e tamén de respecto polas funcións que desenvolven os demais.
Na nosa aula, cada un ten encomedada unha responsabilidade.

venres, 12 de setembro de 2025

Reunidas…


… en asemblea, as persoas que facemos parte do grupo de quinto e sexto e de Primaria decidimos dotarnos dunhas normas para poder convivir na nosa aula.
E despois de elaboralas todos xuntos, asinámolas para amosar o noso compromiso co seu cumprimento.

martes, 9 de setembro de 2025

Arrincamos…


… un novo curso. Entre outras actividades destes días, hoxe fixemos o noso mapa conceptual para coñernos mellor a nós mesmos e darnos a coñecer aos demais.