Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Titoría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Titoría. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de outubro de 2025

Distintxs

Onte, na sesión de Competencia Emocional con Andrea, falamos de autismo, de diversidade, dos distintos xeitos de percibir o mundo que temos, das cousas que nos agradan e nos molestan, do perigo das etiquetas que á veces poñen sobre as nosas cabezas ou nos poñemos sobre as dos demais. E ao final concluímos que sempre hai que volver ao punto de partida, á sesión do outro día: empatía, tolerancia, respecto… tentar poñerse no lugar do outro, entender o seu punto de vista e respectar e valorar a nosa diversidade; esta é, sen dúbida, unha moi boa folla de ruta para calquera viaxe.



mércores, 24 de setembro de 2025

Subliñado xerárquico


Achegámonos hoxe a esta técnica de subliñado na que cada cor denota un rango de importancia distinto. Ao longo do curso iremos coñecendo distintas técnicas e estratexias de estudo; para que cada quen vaia escollendo as que mellor se adapten ao seu xeito de aprender.

luns, 22 de setembro de 2025

Responsabilidades


Para o bo funcionamento de calquera grupo humano, todas as persoas que fan parte del deben achegar a súa dose de colaboración e tamén de respecto polas funcións que desenvolven os demais.
Na nosa aula, cada un ten encomedada unha responsabilidade.

venres, 12 de setembro de 2025

Reunidas…


… en asemblea, as persoas que facemos parte do grupo de quinto e sexto e de Primaria decidimos dotarnos dunhas normas para poder convivir na nosa aula.
E despois de elaboralas todos xuntos, asinámolas para amosar o noso compromiso co seu cumprimento.