Recuncho na Rede das nenas e os nenos da aula de quinto e sexto de Educación Primaria do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte (Lugo)
mércores, 13 de maio de 2026
venres, 8 de maio de 2026
Oulipo
O OULIPO (Ouvroir de Littérature Potentielle: Obradoiro de literatura potencial) foi un grupo de escritores e matemáticos, un pouco “gamberros”, que xogaban coa linguaxe creando textos con regras especiais, desafiando as normas da literatura tradicional. Unha das súas técnicas máis coñecidas foi o S+7, que consiste en cambiar os substantivos dun texto por outros que aparecen no dicionario sete palabras máis adiante.
E isto foi o que fixemos na nosa actividade de expresión escrita do tema 7 (que desta volta tocaba en lingua castelá). Fomos á sección de poesía da Casiña de Faiuco, mergullámonos nos libros e extraemos poemas de obras de Gloria Fuertes, Federico García Lorca, Joaquín González Estrada, Mar Benegas ou Ximo Abadía; a continuación, aplicamos a técnica S+7 do OULIPO e obtivemos novas composicións, algunhas delas ben interesantes e divertidas.
-
Cando está mañá entramos pola porta da Sala de Robótica non tiñamos nin idea da marabillosa viaxe que nos ía a levar a estar dúas horas desp...
-
… silencio, acción! Empezamos esta semana co obradoiro de vídeo en colaboración co Belén de Begonte, no que da man de Bego Pérez nos adentra...
-
Como funciona unha democracia hoxe en día? De verdade que nunha ditadura se vivía mellor? Como funcionaría unha sociedade anarquista?… A est...

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)