Mañá probaremos estes Petit Suisse que fixemos con aqueles amorodos que nos dera pena tirar cando preparamos o cultivo das patacas, e transplantaramos a unhas macetas e levamos semanas regando. Hoxe recollemos o froito (nunca mellor dito) dese traballo.
Recuncho na Rede das nenas e os nenos da aula de quinto e sexto de Educación Primaria do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte (Lugo)
xoves, 4 de xuño de 2026
mércores, 3 de xuño de 2026
La casita
Hai estes días moito rebumbio cunha “casita” rosa e algo hortera: que se que a quen invitou o que a fixo, que se porque, que se un que quería ir non o invitaron, que se unha que invitaron non foi…
E nós tamén fixemos a nosa casiña. A nosa non é para un coello, é para uns paxariños. Collemos o encargo de Faiuco e ao longo do último mes estivemos a traballar arreo no seu deseño e fabricación. Traballo que culminamos hoxe coa instalación das casas na Horta de Faiuco. Mañá haberá que facerlles o albaroque.
O proxecto comezou a primeiros de maio, cando unha vez coñecidas as características da tarefa, empezamos a buscar información sobre como poderiamos facer un refuxio para paxaros que nos puidese axudar no control ecolóxico dos insectos do noso cultivo na horta. Logo fixemos os planos no programa inkScape (dos nosos ordenadores eDixgal). Do ordenador fomos á cortadora láser, onde creamos os primeiros prototipos en cartón, estes foron analizados e mellorados; volvemos aos ordenadores e de novo á cortadora para facer as pezas definitivas xa en madeira.
A continuación, montamos as casas e hoxe xa as deixamos instaladas no seu lugar definitivo. Coma sempre, todo o proceso foi sendo rexistrado e analizado no noso caderno de laboratorio.
Agardamos que as casiñas sexan do agrado dos paxariños e en breve poidamos ver cabo deles pardais, paporrubios, carrizos, lavandeiras, ferreiriños ou calquera outra pequena ave que queira instalarse no noso hotel.
Etiquetas:
A casiña de Faiuco,
Ciencias da natureza,
Experimentamos,
Horta,
Imaxe,
Proxectos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Cando está mañá entramos pola porta da Sala de Robótica non tiñamos nin idea da marabillosa viaxe que nos ía a levar a estar dúas horas desp...
-
… silencio, acción! Empezamos esta semana co obradoiro de vídeo en colaboración co Belén de Begonte, no que da man de Bego Pérez nos adentra...
-
Como funciona unha democracia hoxe en día? De verdade que nunha ditadura se vivía mellor? Como funcionaría unha sociedade anarquista?… A est...










